Ven de escomezar o cásting para atopar o reparto do novo filme de James Mangold, a secuela de The Wolverine, e os rumores apuntan cara a un par de nomes de secundários que engadir para este filme ambientado en Xapón.
O protagonista será unha vez mais Hugh Jackman no papel de Lobeto, o mutante das poutas de adamantium, mentres que para o papel de malo hai dous viláns: o primeiro é Will Yun Lee (Hawaii Five-O) coma Harada, álias O Samurái de Prata, o fillo ilexítimo dun señor do crime e que loita cunha amadura eléctrica.
O outro é Brian Tee (Grimm) coma Noburo Mori, un ministro de xustiza corrupto que quere casar coa filla do señor do crime (que é a namorada de Lobeto).
Ademais xa foron contratados Hiroyuki Sanada (Lost, The Last Samurai) coma Shingen, Hal Yamanouchi (Push) coma Yashida, e Tao Okamoto e mais Rila Fukushima coma Mariko e Yukio respectivamente.
A história está baseada no cómic da Marvel na que Lobeto está en Xapón loitando contra unha misteriosa figura do seu pasado nunha batalla épica que o fará cambiar para sempre.
A rodaxe escomeza dentro duns días en Austrália e Xapón.