Fassbender protagoniza Assassin’s Creed

747

Michael Fassbender será o protagonista e ademais o produtor dunha adaptación ao cinema da popular série de videoxogos da Ubisoft Assassin’s Creed.

O recente protagonista de Prometheus interpretará o papel de Desmond Miles, un barman descendente de distintas liñaxes de famosos asasinos. A história móve-se entre o presente e os tempos antigos cando loita contra os Cabaleiros Templários.

Non hai polo de agora ningún director nin distribuidora vencellados ao proxecto, que Fassbender producirá a través da súa compañía, a DMC Film. A Sony Pictures estivera anteriormente atrás desta mesma ideia e tiñan intención de producir unha longametraxe pero seica xa non é o caso. Agárda-se que a estrea poida producir-se en 2014.

Polo de agora lévan-se publicados catro xogos desta série, cun total de mais de 30 millóns de unidades vendidas. O primeiro videoxogo estaba ambientado no Médio Oeste durante o tempo das Cruzadas, mentres que o resto o está na Itália do Rexurdimento, coa acción enfocada en várias vilas italiáns e na Constantinopla otomana. A vindeira entrega da saga, Assassin’s Creed III, estará ambientada na Guerra de Independéncia Americana.