Nolan non fará a Liga da Xustiza

0
180

Christopher Nolan ven de negar unha vez mais que teña intención de continuar facendo nada con Batman, ainda que sexa indirectamente.

O realizador respondeu ás preguntas dun xornalista da Associated Press a pasada fin de semana sobre se, e dado que está a producir o filme Man of Steel, participaría dalgún xeito nun filme da Liga da Xustiza, o proxecto que axuntaría na pantalla aos heroes da DC Comics: Superman, Batman, Lanterna Verde…

E a súa resposta foi: “Non, para nada. Xa rematamos con todo o que estabamos a facer con Batman. Este é o final da nosa versión sobre este persoaxe. Batman sobrevivirá-nos a todos, e a nosa interpretación foi nosa. Obviamente, considerámo-la definitiva e de todo punto rematada. O bó de Batman é que vive para que as futuras xeracións o reinterpreten, e obviamente, a Warners terá que decidir no futuro o que queren facer con el. Nós xa dixemos o noso sobre o persoaxe. Non teño plans de facer nada mais, e de feito non participo en ningún proxecto da Liga da Xustiza“.

As últimas novas sobre o proxecto da Liga da Xustiza dicían que Will Beall (Gangster Squad) foi contratado para escribir un guión. Polo de agora non hai ningún director vencellado.