A Escuridade contará cunha longametraxe

0
130

The Darkness, a exitosa série de cómic da editorial Top Cow e ademais popular videoxogo, vai contar axiña cunha versión para a pantalla grande. Así, a Regency está por pechar un acordo que lle permitirá facer-se cos dereitos do cómic para o cinema, con Len Wiseman, David Hoberman, Todd Lieberman, David Manpearl e Matt Hawkins vencellados ao proxecto coma produtores.

O cómic foi creado por Marc Silvestri, Garth Ennis e David Wohl e apareceu por primeira vez en 1996. Após dun primeiro periodo de éxito durante o boom da Top Cow/Image Comics a finais dos anos 90, a Top Cow tivo que relanzar o cómic en 2002 cando as vendas comezaron a cair. The Darkness vendeu mais dun millón de cópias en todo o mundo.

A história vai sobre unha forza primordial chamada “The Darkness” (A Escuridade) e o persoaxe principal da série é Jackie Estacado. The Darkness é un poder sobrenatural que existe dende as orixes do universo cando a luz separou-se da escuridade. A escuridade estaba a apodrecer era tras era até que decidiu buscar un portador e elixiu aos Estacado. A escuridade está en guerra eterna contra o seu igual, The Angelus, portadora da luz e que quere matar a The Darkness, pero este sempre concebía un fillo a tempo para se salvar de ser asasinado.

O actual posuidor do poder é un antigo matón da máfia quen desenvolve un lixeiro control sobre o mesmo e debe loitar para mante-lo afastado de tomar o control total sobre o poder.