O realizador Darren Aronofsky utilizou a súa conta oficial en Twitter hai unhas horas para dar a coñecer as novas de que Anthony Hopkins ven de se unir ao reparto do seu vindeiro thriller bíblico, Noah.
Aronofsky dixo: “Estou honrado de traballar co gran sir Anthony Hopkins. Vimos de engadi-lo ao reparto estelar de #Noah. #methuselahlives.”
Hopkins interpretará a Matusalém, o ser humán vivo mais vello e que morre unha semana antes do grande dilúvio e da posterior inundación. Russell Crowe, Saoirse Ronan, Douglas Booth, Logan Lerman, Ray Winstone e mais Emma Watson son os outros nomes xa confirmados para este filme que narra a lenda bíblica de Noé.