Human Revolution chega ao cinema

1047

Tan só un día despois de se confirmar que Michael Fassbender está vencellado á adaptación ao cinema de Assassin’s Creed, chegan novas doutro videoxogo que podería dar o chimpo en breve á pantalla grande.

A CBS Films ven de anunciar que se fixeron cos dereitos para o cinema da popular franquía de videoxogos da Square Enix Deus Ex.

Deus Ex é unha série de videoxogos de rol cunha temática cyberpunk, que polo de agora consiste en tres partes: Deus Ex (2000), Deus Ex: Invisible War (2003) e Deus Ex: Human Revolution (2011).

Ambientada nun futuro próximo onde os implantes nos seres humáns conduciron a un rexurdimento tecnolóxico, a história vai sobre un especialista en seguridade que debe someter-se aos implantes para poder aclarar unha conspiración mundial.

Ainda que apareceu por primeira vez en 2000, a franquía fíxo-se realmente popular grazas ao lanzamento do ano pasado Deus Ex: Human Revolution, un xogo que non só acadou unhas cifras de vendas nunca vistas senón que ademais fíxo-se merecedor de mais de 100 prémios distintos da indústria do software.

Roy Lee e Adrian Askarieh serán os produtores.