Cando aínda está por escomezar a rodaxe da adaptación ao cinema de Catching Fire, o segundo libro da saga de Suzanne Collins The Hunger Games, a Lionsgate xa está a facer plans para a terceira entrega.
Os estudos anunciaron onte que, tal e coma se fixo anteriormente con franquías coma Harry Potter e Twilight, a súa intención é que o terceiro libro sexa convertido en dúas películas separadas, para as queademais xa anunciaron tamén as datas de estrea.
Así, The Hunger Games: Mockingjay Part 1 chegará ás salas de cinema o 21 de novembro de 2014, mentres que The Hunger Games: Mockingjay Part 2 ten previsto face-lo o 20 de novembro de 2015. A segunda parte, Catching Fire, fará o própio este mesmo mes de novembro, xa que os estudos queren aproveitar a fin de semana da festa americana de Acción de Grazas.