Novo guionista para God of War

0
206

Coa Comic-Con de San Diego en pleno apoxeo esta fin de semana, a indústria dos videoxogos e mais a do cinema semellan ir da man durante estes días mais ca nunca

Así, os guionistas de Pacific Rim, Patrick Melton e Marcus Dunstan, veñen de chegar a bordo para o proxecto de reescribir o guión da versión para o cinema que a Universal e mais a Atlas Entertainment preparan do popular série de videoxogos God of War.

O primeiro xogo ía sobre as batallas do guerreiro espartán Kratos, quen se enfrontaba a distintas bestas mitolóxicas coma Medusa, o Cíclope e mais a Hidra na súa procura por atopar a caixa de Pandora e destruír a Ares, o deus da guerra.

Contra o final do terceiro xogo, case todo o panteón grego caíra xa aos pes de Kratos. O videoxogo é famoso polas súas escenas de violéncia moi gráficas e polos seus ambientes imaxinativos. O seu sistema de xogo foi copiado por outros videoxogos posteriores e as súas doses de sexo e violéncia estrema fixéro-no merecedor de non poucas controvérsias.

Charles Roven e Alex Gartner serán os produtores. David Self escribira o anterior guión, que agora será sustituído.