Eli Roth está en conversas para se facer coa dirección do filme sobre Drácula que están a preparar a Warner Bros. Pictures e mais a Appian Way.
Nesta versión, Russell Crowe fora xa contratado para o papel de malo nun filme que protagonizará o persoaxe de Jonathan Harker, que é un detective de Scotland Yard encargado de seguir as mortáis pegadas do conde en Inglaterra. Crowe será o vilán, mentres que o papel de Harker está aínda por confirmar-se porque os estudos queren facer unha franquía.
O español Jaume Collet-Serra, que estivo até agora vencellado coma director, non poderá finalmente encargar-se do proxecto, por supostos problemas de axenda. No seu lugar os estudos confían agora en Roth, que xa lle está a dar púlo ao proxecto para escomezar a rodaxe o ano que ven en canto Crowe fique libre.
Leonardo DiCaprio e Jennifer Davisson Killoran serán os produtores.