Breck Eisner (Sahara) está a negociar a súa entrada nun proxecto que levará á pantalla grande a un xoguete clásico da Hasbro, Stretch Armstrong, para a Relativity Media.
O xoguete é unha musculosa figura de goma de 30 centímetros de altura e que pode estender-se até acadar os 120 centímetros. Apareceu por primeira vez nas xogueterías americanas nos anos 70.
A Disney tentara previamente levar ao cinema este boneco en 1998 con Danny DeVito e posteriormente tentou-no con Jackie Chan, pero os proxectos non saíron adiante. A Universal tivo a súa oportunidade en 2008, con Taylor Lautner vencellado ao proxecto, pero tampouco houbo sorte daquela.
Ryan Kavanaugh, Brian Goldner e Bennett Schnier serán os produtores, mentres que o guión foi escrito por Dean Georgaris.