A Liga da Xustiza entrará en Arkham

916

A Warner Bros. Interactive Entertainment vai-se asociar coa Rocksteady Studios, os creadores da saga de videoxogos Batman: Arkham Asylum e Arkham City, para producir unha terceira entrega desta série que presentará aos persoaxes da Liga da Xustiza en acción.

O xogo será, segundo se comenta, unha precuela que vai sobre o primeiro encontro entre Batman e mais o Joker, e está baseado nos cómics da Idade de Prata da DC. Non debe confundir-se co vindeir xogo Injustice: Gods Among Us que aparecerá o ano que ven.

Este novo videoxogo chegará aos andéis das tendas en 2014 coma moi cedo. Pola súa banda, o guionista de Gangster Squad, Will Beall, fica vencellado ao filme da Liga da Xustiza que chegar á ás salas de cinema en 2015.

A Warners revelará os seus plans para os persoaxes da DC Comics ao longo dos vindeiros meses. Moitos fans pregúntan-se cal será o futuro do Batman post-Nolan, e as especulacións apuntan a que o gardián de Gotham City terá unha imaxe mais sinistra no futuro, próxima precisamente aos videoxogos da saga de Arkham.