Mignola e Proyas únen-se en Joe Golem

0
183

A Constantin Film ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema Joe Golem And The Drowning City, o último traballo do creador de Hellboy, o lendário autor Mike Mignola.

Mignola e mais Christopher Golden foron os autores desta novela gráfica que mistura o ambiente steampunk e mais o sobrenatural, todo co trasfondo dun New York alternativo. Neste universo, un terremoto afundiu en 1925 ao sul de Manhattan no mar, convertindo as rúas en canles.

Décadas despois, nos anos 70, unha adolescente orfa, un vello mago, un científico tolo, un detective vitorián do ocultismo e mais un fiel axudante chamado Joe Golem que experimenta estraños soños, todos únen-se para compartir o destino da cidade asulagada.

Alex Proyas será o encargado de adaptar e dirixir este filme con acción real e que se rodará na súa Austrália natal. Proyas, Ellen Goldsmith-Vein, Eric Robinson e Peter Donaldson serán os produtores.