Incursion e Vlad Dracula, axiña na tele

0
123

A canle por cable Starz volverá asociar-se co produtor de Spartacus, Steven S. DeKnight, esta vez co obxectivo de crear unha nova série de acción e ciéncia-ficción que levará por título Incursion.

A história vai sobre un grupo de soldados capturados nunha guerra contra unha raza alieníxena. Cada tempada da série loitaría-se nun novo e exótico planeta, mentres que a humanidade vai avanzando paso a paso en território inimigo.

A Starz está a desenvolver tamén Vlad Dracula, que mistura feitos históricos do paladín húngaro do século XV Vlad o Empalador coa figura do vampiro creado por Bram Stoker. O responsábel orixinal de Babylon 5, J. Michael Straczynski, será o produtor desta nova série que percorrerá a caída do persoaxe dende a súa posición coma reverenciado líder do seu povo ao mais temido vampiro do mundo. Rob Tapert e mais Roy Lee serán tamén os produtores.