Goddard escribe o remate de World War Z

0
157

O produtor de Lost e guionista de Cabin in the Woods, Drew Goddard, ven de ser contratado para escribir un novo final de World War Z, o problemático filme de Marc Forster protagonizado por Brad Pitt.

Segundo as novas que tiñamos até agora, o antigo sócio de Goddard e guionista de Prometheus Damon Lindelof ía ser o guionista, pero esas novas son só parcialmente correctas. Resulta que Lindelof tan só deseñou o novo final, pero non tivo tempo para escribi-lo completamente, polo que Goddard deberá encargar-se del.

Esta longametraxe non semella saír dos seus problemas e ainda non é seguro que non haxa outros guionistas que deban retomar o proxecto. Polo de agora non hai datas para volver a rodar as escenas que implementen o novo final, pero agárda-se que Forster sexa ainda o encargado de dirixi-las.