Joe Cornish dirixirá “Rust”

0
147

O director de Attack the Block, Joe Cornish, levará á pantalla grande a novela gráfica Rust para a 20th Century Fox. O cómic orixinal, de Royden Lepp, é unha aventura descrita coma “de alta octanaxe ambientada nas pradarías dun tempo descoñecido“. Nela, unha família de granxeiros recibe a visita dun rapaz misterioso cunha mochila foguete e un robot de guerra.