Os plans da Fox para os 4F e mais Daredevil

0
196

A 20th Century Fox ven de confirmar un proxecto e de despedir ao director doutro, todo respeito a dous relanzamentos de persoaxes da Marvel Comics que estaban previstos.

A compañía confirmou que relanzará aos Catro Fantásticos e que Josh Trank, o director da recente Chronicle, será o encargado de se poñer á fronte do proxecto.

A rodaxe, que se agarda será xa o vindeiro traballo no calendário de Trank, escomezará xusto após de que se rematen as secuelas de The Wolverine e de X-Men: First Class. Ningún dos membros do reparto orixinal regresará para esta nova etapa.

Pola súa banda, o director David Slade (30 Days of Night) ven de abandoar o proxecto de relanzamento de Daredevil por mor de conflitos de axenda, xa que é ademais o encargado da série Hannibal.

A Fox deberá agora poñer o filme en produción este mes de outono ou arriscar-se a perder o control sobre os dereitos desta franquía, que regresarían a poder da Marvel.