A Daniel Radcliffe sairán-lle Cornos

0
182

Daniel Radcliffe será o protagonista do vindeiro thriller sobrenatural fantástico de Alexandre Aja, Horns, que producirán conxuntamente os estudos Red Granite Pictures e Mandalay Pictures.

Radcliffe fará o papel de Ig Perrish, o principal suspeitoso da cruel violación e asasinato da súa moza. Cunha forte resaca após dunha note de borracheira, Ig esperta unha mañá e atopa que lle están a saír cornos da cabeza.

Estes cornos dan-lle o poder de obrigar á xente a confesar os seus pecados e de render aos seus impulsos egoístas, o que se converte nunha ferramenta moi efectiva na súa procura para descobrir as circunstáncias da morte da súa moza.

Baseado na novela homónima supervendas de Joe Hill, Aja dirixirá este filme a partir dun guión adaptado por Keith Bunin. A rodaxe escomezará este outono.