O Gato Valente miañará no cinema

0
149

A Evergreen Media Group ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a série de debuxos animados para nenos dos anos 60 Courageous Cat (ou O Gato Corajoso e o Rato Minuto, como foi lanzado no Brasil) e planea facer unha adaptación que misturará acción real con imaxes xeradas por computador.

O creador de Batman, Bob Kane, foi tamén o autor da série orixinal, que precisamente tentaba parodiar aos seus própios traballos iniciais de Batman ao longo dos seus 130 episódios. O plan é agora relanzar a franquía e fornecer dunha nova mitoloxía ao persoaxe. Courageous Cat e o Minute Mouse combatian a bordo dun veículo especial (o Catmobile) e un dos seus maiores inimigos era o xefe do crime Mr. Frog.

A propietária dos dereitos, a Telefeatures, fixo público un comunicado no que afirma que vendeu-nos á Evergreen porque esta ten “unha longa tradición de facer estupendas novas versións de relanzamentos de propiedades clásicas“.