A filla de Alícia terá unha série de seu

0
201

A Lionsgate TV ven de gañar unha batalla contra outras seis produtoras para se facer cos dereitos para levar á televisión as novelas gráficas da série Wonderland da editorial Zenescope, compostas por Return to Wonderland, Beyond Wonderland, Tales From Wonderland e Escape From Wonderland.

A história descríbe-se coma unha versión para adultos do clásico Alícia no País das Marabillas de Lewis Carroll dende o punto de vista da filla de Alícia. Escrita por Raven Gregory, a série narra as aventuras de Alice Liddle, a heroína de Alícia no País das Marabilla, e da súa filla adolescente Calie Liddle (un anagrama de Alice).

Alice xa non é a nena pequena que caeu no burato do coello e descobriu o País das Marabillas. Agora é unha muller adulta que tentou comneter suicídio curtándo-se as venas. Cunha enfermidade mental que a fai vivir nun constante estado de soño, o seu único vencello coa realidade é o molesto coelliño branco.

Calie, que non quere ter ren que ver coa enfermidade de súa nai, é unha rapaza atoleirada, promíscua, alcohólica e drogadita. A série presenta á família Liddle por completo, a nenez de Alice, e a Calie aventurándo-se nun País das Marabillas moito mais sinistro e terrorífico có que coñeceu a súa nai, pero no que aparecen os mesmos persoaxes.

Polo de agora a Lionsgate está á procura dun guionista que se encargue de adaptar o proxecto para a pequena pantalla, e ademais queren contar cunha actriz de sona para facer de Alícia e cunha novata para o papel da súa filla.

Polo de agora non se sabe qué formato terá esta série, pero podería ser unha série emitida nunha canle tradicional ou retransmitir-se a través dalgunha canle por cable.