Caín, Abel… e Will Smith

0
159

Após o Noé de Aronofsky e do Abraham de Spielberg, os mitos xudeus semellan estar de moda en Hollywood e así Will Smith está tentando sacar adiante un proxecto sobre a lenda dos irmáns bíblicos Caín e Abel, coa intención de facer unha longametraxe que ademáis supoña o seu debut coma director.

O proxecto, que polo de agora leva o título provisional de The Redemption Of Cain, suporía a primeira incursión na dirección de Smith, quen moi probábelmente sería o protagonista do mesmo.

O filme está en desenvolvemento pola Sony e conta coa produción da Overbrook Entertainment, pero ainda non será o seguinte proxecto na axenda de Smith.