Xa hai director para “The Rising”

0
216

Alain DesRochers (Nitro) ven de se confirmar oficialmente coma o director do filme de acción The Rising sobre vampiros na selva que producirán conxuntamente a Millennium e mais a Nu Image.

Paul Sloan escribiu o guión deste filme, inspirado polo persoaxe clásico do pulp Doc Savage e que vai sobre un grupo de mercenários que están á procura dunha persoa desaparecida na selvas de Cambódia. A súa viaxe converterá-se nun descenso á escuridade cando deban enfrontar-se a un vampiro.

Richard Salvatore e Bryan Brucks son os produtores.