O cómic Last Blood é adaptado ao cinema

0
142

O produtor Rick Benattar (Real Steel, Ironclad) e mais a and Cascade FilmWorks asociarán-se para realizar unha adaptación para o cinema con acción real do popular webcomic Last Blood, publicado pola Blatant Comics e creado por Bobby Crosby e Chris Crosby. A obra conta con guións de Bobby Crosby e debuxos de Owen Gieni.

A história está ambientada nun futuro onde os vampiros loitan contra os zombis para poderen protexer aos últimos humáns e preservar deste xeito o seu subministro de sangue fresco. A obra completa está dispoñíbel ademais nun arquivo online e foi publicada en formato PDF gratuitamente pola Wowio.

Simon Hunter (Mutant Chronicles) dirixirá o proxecto, que escomezará a se rodar xa en novembro. Dende o seu debut na rede en 2006, mais de 20 millóns de internatutas visitaron o sítio deste cómic web.