Scott Waugh dirixirá Hawken

0
143

Un dos co-directores de Act Of Valor, Scott Waugh, será o encargado de adaptar á pantalla grande nunha longametraxe con actores reais o videoxogo Hawken para a Meteor Entertainment e a Warner Bros. Pictures.

O videoxogo gratuito de combate de mechas está ambientado nun planeta post-apocalíptico colonizado polos humáns e industrializado até o punto de se colapsar. Así, a caza polos recursos converteu-se nunha batalla pola supervivéncia. O xogo é multixogador e está aínda en desenvolvemento pola Adhesive Games, que acadou grandes críticas na súa presentación na E3 deste ano. A data de aparición está prevista para o 12 de decembro.

A equipa creadora do xogo revelou as novas no decurso dunha rolda de prensa adicada ás séries Web na recente Comic-Con, e confirmou que a Bandito Brothers, unha empresa adicada a creae, producir, xestionar e distribuír contido audiovisual, será a produtora deste filme.

Pola súa banda, Waugh está aínda en conversas para se encargar da dirección da adaptación ao cinema de Need For Speed para a DreamWorks.