A Ouija toma un novo rumbo

0
164

Os guionistas de Knowing e The Possession, Juliet Snowden e mais Stiles White, son dende agora os novos encargados de reescribir o filme Ouija para a Universal Pictures e a Platinum Dunes.

Edward Kitsis e Adam Horowitz escribiron os guións orixinais que tiñan previsto facer unha película de grande orzamento desta adaptación ao cinema do clásico xogo de mesa da Hasbro.

Agora con Jason Blum (Paranormal Activity) a bordo do proxecto para dirixir a longametraxe, e dada a súa ampla experiéncia en facer filmes sen moitos médios, agárda-se que o novo concepto rebaixe moito as espectativas e poida producir-se sen un grande orzamento, pero iso si, conservando a calidade.

Michael Bay, Andrew Form, Brad Fuller, Brian Goldner e Bennett Schneir son os produtores.