O Capitán América e Falcón loitan xuntos

877

Anthony Mackie está a negociar unir-se a Chris Evans en Captain America: The Winter Soldier para a Marvel Studios.

Agárda-se que a secuela que dirixirán os irmáns Joe e Anthony Russo, actualmente prevista para unha estrea que non se producirá até o mesde abril de 2014, continúe a mesma liña que os cómics nos que o axudante do Capitán América, o pequeno Bucky, é resucitado e convertido nun superasasino co cerebro lavado coñecido coma o Soldado Inverno. Os rumores din que Sebastian Stan regresará para facer o papel de Bucky.

Pola súa banda, nesta secuela Anthony Mackie será con case total probabilidade Falcón, o loitador contra o crime de Harlem, ún dos primeiros protagonistas negros dun cómic. O Falcón, ou Sam Wilson na súa identidade secreta, é un superheroe que nos cómcis adoita ser o aliado habitual do Capitán América, e que pode falar telepáticamente cos paxaros e viste un uniforme que lle permite voar e aumentar a súa forza.