Dwayne Johnson apúnta-se a ser Lobo

0
163

A alarma ven de xurdir entre os afeccionados após de que un fan lle preguntase a Dwayne Johnson se son certas as novas que apuntan a que el podería ser o elixido para interpretar ao alieníxena cazarrecompensas Lobo na adaptación ao cinema deste persoaxe da DC Comics para a Warner Bros. Pictures, porque o actor ven de revelar que os rumores non van totalmente descamiñados.

A resposta do recoñecido actor ultrarrelixioso foi de feito a seguinte no seu Twitter: “Os rumores de que eu podería interpretar a Lobo son certos. Joel Silver e Brad Peyton están a traballar niso actualmente. Podería ser divertido“. Polo de agora, os estudos non teñen data de lanzamento para este filme.

Entre os fans todas as luces de alarma acénden-se agora, porque Lobo é un persoaxe marxinal e ultraviolento, que non podería encaixar para nada no habitual persoaxe familiar e cómico ao que nos ten acostumado Johnson en todos os seus filmes dende que rematara The Scorpion King.

De se confirmar estas desacougantes novas, Johnson regresaría a traballar co realizador que xa o dirixiu en Journey 2: The Mysterious Island, Brad Peyton.