Alemaña compra zombis gais filipinos

0
155

A produtora alemá radicada en Colónia Raspberry & Cream ven de se facer cos dereitos para facer un remake europeo da comédia de terror independente filipina Zombadings 1: Patayin sa shokot si (que foi traducida coma Remington And The Curse of the Zombadings para a súa recente estrea internacional en Seattle).

O filme de zombis dirixido poe Jade Castro vai sobre un rapaz machista e homófobo chamado Remington (Martin Escudero) que de neno insultou a unha drag queen nun cemitério. De resultas, fica enmeigado por un feitizo que o vai convertendo a modo en gai e meténdo-o nun triángulo amoroso co seu millor amigo e mais a súa veciña.

Mentres tanto, a súa nai, unha policía, está a investigar por que os gais da cidade están a aparecer mortos. O proxecto, pleamente enmarcábel na millor tradición de cinema “Z”, foi o filme de mais éxito nas Filipinas o ano pasado.