Gary Ross (The Hunger Games) é o encargado de desenvolver Peter and the Starcatchers, o novo filme previsto pola Disney, e será o director do mesmo.
O proxecto é unha adaptación ao cinema da novela fantástica homónima de 2004, escrita por Dave Barry e Ridley Pearson, e que hai uns meses converteu-se nun exitoso musical de Broadway gañando vários prémios Tony. Jesse Wigutow adaptará o guión.
O libro orixinal foi continuado por catro secuelas, todas ambientadas antes de que Peter coñecese a Wendy: Peter and the Shadow Thieves (2006), Peter and the Secret of Rundoon (2007), Peter and the Sword of Mercy (2009) e The Bridge to Neverland (2011) polo que moi probábelmente a Disney escomezará unha franquía de películas con este proxecto.
A história é unha precuela do clásico Peter Pan de J.M. Barrie, e vai sobre un xoven Peter que se fai amigo de Molly, unha compañeira que coñece a bordo do barco do País de Nunca Xamais que se dirixe cara ao rei Zarboff.
Molly fala a Peter dun misterioso cofre cheo de pó de estrelas que debe ficar lonxe das poutas do pirata Mostacho Negro (quen mais tarde perderá a súa man e se convertwerá no Capitán Garfo). Peter e Molly liderarán o esforzo por recuperar o cofre.