Outlander, o novo proxecto de Ron Moore

0
158

A Sony Pictures TV fíxo-se cos dereitos para levar á pequena pantalla Outlander, a série de novelas fantásticas da escritora Diana Gabaldon e converte-la nunha série por cable. Ron Moore, o ex responsábel de Battlestar Galactica e de Carnivale, será o encargado de escribir a adaptación para a televisión.

A história vai sobre Claire, unha enfermeira durante a Segunda Guerra Mundial que por accidente volve atrás no tempo e aparece nas Terras Altas de Escócia en 1743. Alí é obrigada a casar con Jamie, un valente e apaixoado guerreiro escocés.

Nas highlands, Claire escomeza a vivir un amor tan forte que se deberá decidir entre dous homes totalmente distintos e dúas vidas completamente irreconciliábeis.