Sam Raimi abandoa World of Warcraft

0
211

Seica The Shadow non é o único proxecto ao que o cineasta Sam Raimi estaba vencellado e que abandonou nos últimos tempos. Nunha rolda de prensa no decurso da recente Comic-Con e na que falou dos seus próximos proxectos, o director da saga de Spiderman e Evil Dead confirmou que xa non está vencellado á adaptación ao cinema do mais famoso xogo de rol de todos os tempos, World of Warcraft.

En realidade, xa non estou traballando en World of Warcraft porque cando aceptei o choi de Oz, tiveron que buscar outro director. Tiñan que escomezar a face-lo“, confesou a un xornalista.

Respeito a ese novo director, pol ode agora non xurdiu mais información sobre quen podería ser. Raimi e mais o guionista Robert Rodat (Saving Private Ryan) completaran con anterioridade un primeiro esbozo de guión dunhas corenta páxinas adicadas a este franquía, cuxos dereitos para o cinema continúan en poder da Legendary Pictures.