Mockingjay deberá buscar outro director

0
162

O director de The Hunger Games: Catching Fire, Francis Lawrence, non regresará finalmente para a terceira e definitiva entrega desta saga que adapta á pantalla grande as novelas homónimas de Suzanne Collins.

A Lionsgate está xa á procura dun novo director para a terceira e definitiva película agora que Lawrence non está dispoñíbel. Polo que se conta, a principal razón pola que non aceptou traballar nunha nova secuela é a grande presión á que estivo sometido, que o obrigou a rematar o filme na metade do tempo previsto inicialmente. por outra banda, a terceira entrega vai-se dividir en dúas películas, o cal sinificará o dobre de choio no mesmo tempo.

The Hunger Games: Mockingjay Part 1 deberá estrear-se o 21 de novembro de 2014, mentres que The Hunger Games: Mockingjay Part 2 chegará ás salas de cinema o 20 de novembro de 2015.