Ratatouille, favorita nos Annies

0
264

RatatouilleO conto de ratos Ratatouille lidera as nominacións para os prémios Annie aos millores filmes de debuxos animados con 13 candidaturas, entre as cales están as de millor película e tamén para os actores que na versión orixinal emprestaron as súas voces para os persoaxes protagonistas: Patton Oswalt, Ian Holm e Janeane Garofalo.

Ratatouille, da Disney e a Pixar Animation, terá que competir no prémio ao millor filme contra a história de abellas da DreamWorks, Bee Movie, contra a divertida Surf’s Up da Sony Pictures, a crónica da antigüidade Persepolis, da Sony Pictures Classics, e contra Os Simpson, da 20th Century Fox.

Presentados pola International Animated Film Society, os gañadores dos prémios Annie en 25 categorías no cinema e a televisión anunciarán-se nunha cerimónia o vindeiro 8 de febreiro en Los Angeles.

Entre outras nominacións, Ratatouille obtivo as de millor director para Brad Bird, quen tamén foi o guionista e está igualmente nominado nesa categoría. O filme de superheroes de Bird Os Incríbeis, tamén da Disney e a Pixar, gañou os prémios Annie e Oscar en 2004.

A película premiada nos Annie sempre gañou o Oscar da Académia de Hollywood, até que o ano pasado rachou-se a tradición, cando a comédia de coches Cars obtivo o Annie, pero foi batida polo musical de pingüíns Happy Feet na gala dos Oscars.