Stanton prepara a secuela de Nemo

0
167

Mentres que o grande proxecto da Disney para este ano, John Carter, non está a obter o éxito augurado, o seu director Andrew Stanton vai regresar ao mundo da animación e aceptou encargar-se dunha secuela do filme Finding Nemo que el mesmo codirixiu en 2003.

Victoria Strouse está a escribir o guión desta secuela mentres que Lindsey Collins será a produtora, todo coa ideia de poder estrear en 2016. O proxecto úne-se asemade a outros dous filmes de debuxos animados que prepara a compañía: Monsters University e The Good Dinosaur, ademais doutros dous proxectos que pol ode agora non teñen título.

Até o lanzamento de Toy Story 3, Finding Nemo fora o maior éxito da história da Pixar, recadando 868 millóns de dólares en todo o mundo.