A Sony planea relanzar Jumanji

0
218

Nunha recente entrevista, Doug Belgrad, o xefe da Columbia Pictures (unha división da Sony), falou verbo dun feixe de secuelas e relanzamentos que están a preparar os seus estudos.

Belgrad admitiu que o relanzamento de The Amazing Spider-Man contén algúns erros: “A parte donde o persoaxe de Rhys Ifans convérte-se irrevocábelmente no Lagarto. Levou moitos meses imaxina-lo, e os realizadores curtaron unha chea de escenas. En termos de software, requeriu un parche“.

Ademais, confesou non estar seguro de se Marc Webb, o director do filme, regresará: “Realmente gostaríamos te-l ode volta, pero hai obstáculos. Ten obrigas coa Fox“.

Ao respeito dunha posíbel Men in Black 4 e de se haberá novas aventuras dos axentes J e K, dixo: “Estamos encantados co rendemento financeiro de Men in Black 3, e coidamos que é unha franquía aínda en desenvolvemento. Imos facer outra, pero ainda non está claro como debería ser“.

Pero o mais interesante sen dúbida foi a súa confirmación sobre un relanzamento de Jumanji, o filme sobre un taboleiro máxico que en 1995 foi un enorme éxito nos despachos de billetes, e que os traballos xa están en marcha. “Imos tentar e reimaxinar Jumanji e actualiza-lo para o presente” dixo Belgrad, quen ademais engadiu que os estudos están desexando facer mais filmes familiares.