Nicolas Cage fala dos seus proxectos

0
205

Nicolas CageNo decurso dunha entrevista co gallo da estrea do seu novo filme de acción, o gañador dun Oscar Nicolas Cage deixou cair algunhas novas sobre os seus vindeiros filmes fantásticos.

En primeiro lugar, falou dunha posíbel secuela á película do ano pasado da Columbia Pictures e a Marvel, Ghost Rider: “Si, en realidade tiven un agradábel encontro cos estudos hai uns tres meses e falamos de facer máis internacional ao persoaxe. Leva-lo a Europa, facer-lle dar unha volta en moto por Europa, e está conectado coa igrexa, se podedes acreditar niso. Dalgún xeito ten elementos que están no inconsciente colectivo, co Código da Vinci e cousas coma esas“.

Cage tamén falou de traballar con Matthew Vaughn (Stardust) na adaptación do cómic de Mark Millar Kick-Ass, sobre un neno que quere ser un superheroe: “Mentres continúe traballando no cinema, quero seguir sendo o máis orgánico e honrado posíbel, e eu son ese neno. Eu son o neno que se vestiría coma un superheroe, fuxiría da casa ás dez da noite e cogaría pretendendo que estou a loitar contra o crime. É unha boa comparación porque coido que é absolutamente sincera. Interpreto a un tío chamado Damon, o pai de Mindy, que é Hit Girl e eu son “Big Daddy” e adestro á miña filla para ser unha superheroina“.