Headey úne-se aos Instrumentos Mortais

0
199

Lena Headey (Cersei Lannister en Game of Thrones), Jared Harris (Mad Men) e Godfrey Gao veñen de unir os seus nomes aos do reparto de The Mortal Instruments para a Screen Gems e a Constantin Films.

A adaptación de Harald Zwart da série de novelas supervendas para adolescentes de Cassandra Clare vai sobre unha rapazola normal que descubre un día que é a descendente dun clan de cazadores de dragóns.

Headey interpretará a Jocelyn Fray, Harris a Hodge Starkweather e Gao a Magnus Bane. Kevin Durand, Robert Maillet, Lily Collins e Jamie Campbell Bower son os outros protagonistas deste filme.