A Fox está a negociar a posibilidade de se facer cos dereitos para facer unha longametraxe con acción real baseada en Ruin, unha curta de debuxos animados xerados por computador e de 8 minutos de duración orixinal de Wes Ball.
A história foi un grande éxito no YouTube hai uns meses e está ambientada nunha cidade norteamericana postapocalíptica na que as rúas foron devoradas pola vexetación. Ball é un especialista que leva moitos anos facendo traballos gráficos para a canle HBO e presentacións para diversas películas en Blu-ray e DVD.
Polo de agora, Ball está vencellado ao proxecto coma director e ademáis encargaría-se de escribir o guión xunto a T.S. Nowlin, mentres que McG e Steve Tzirlin poderían ser os produtores.