A lenda de Sleepy Hollow, á tele

0
170

A Fox ven de aprobar a produción dun episódio piloto para unha futura nova série de televisión baseada en The Legend of Sleepy Hollow, o clásico escrito fantástico en 1820 por Washington Irving e baseado nunha vella lenda holandesa.

Esta versión contemporánea presentaría ao protagonista do conto, Ichabod Crane, coma sócio da sheriff da vila, unidos para traer a paz a unha atribulada comunidade. Polo de agora non hai ningunha nova sobre o elemento central do conto orixinal, que era un xinete decapitado.

Os creadores de Fringe, Alex Kurtzman e Roberto Orci, serán os produtores executivos e ademáis encargarían-se de escribir o guión xunto a Phillip Iscove. O director de Underworld e da nova versión de Total Recall, Len Wiseman, será o encargado do episódio piloto e ademáis será tamén o produtor executivo.