Raggedy Ann e Andy terán un filme de seu

721

O Gotham Group e mais o monicrequista Kevin Clash van-se asociar para faceren unha comédia musical baseada nunha das parellas de bonecos para nenos mais clásicas de todos os tempos, Raggedy Ann e mais Andy e na súa série de libros infantís.

Concretamente seica van utilizar coma base para a longametraxe o libro Raggedy Ann and Andy and the Camel With Wrinkled Knees, cuxo argumento céntra-se nos dous populares bonecos perdidos nunha grande cidade moderna e tentando ceibar a un amigo que foi roubado e que está no poder dun poderoso inimigo.

O proxecto misturará na pantalla grande monicreques con gráficos xerados por computador e traerá aos persoaxes á vida actual, incluíndo escenas con famosos que terán abondosos cameos. Ellen Goldsmith-Vein e Eric Robinson serán os produtores.