Wright dirixirá o Collider de J.J. Abrams

0
187

O director de Shaun of the Dead, Edgar Wright, unirá-se ao produtor J.J. Abrams no misterioso proxecto de longametraxe de ciéncia-ficción Collider para a Paramount Pictures.

Mark Protosevich (I Am Legend) está a colaborar con Wright para escribir o guión, pero polo de agora os detalles sobre o argumento seguen aínda gardados en segredo. Wright, Nira Park e mais Abrams producirán o filme a través das súas compañías, a Big Talk Productions e mais a Bad Robot.

Wright pola súa banda está por escomezar a rodaxe da comédia The World’s End con Simon Pegg e Nick Frost e recentemente se deixou ver en San Diego para presentar algunhas escenas de proba do filme Ant-Man. Protosevich escribiu o guión do vindeiro remake de Oldboy e está a desenvolver a adaptación ao cinema do popular videoxogo Mass Effect para a Legendary Pictures.