Spin-off cos Minións de Despicable Me

0
629

A Illumination Entertainment está a desenvolver unha longametraxe aínda sen título oficial pero que será un spin-off do seu éxito de 2010 Despicable Me.

O devandito filme será unha história orixinal esta vez enfocada nos Minións, os minúsculos persoaxes con forma de pílulas de cór amarelo que servían de axudantes ao malvado Groo. A história tratará sobre as súas relacións cos persoaxes humáns e presentará novo persoaxes xunto a algúns xa coñecidos que apareceran en Despicable Me e na súa secuela, prevista para o ano que ven.

Brian Lynch escribiu o guión mentres que Pierre Coffin (director de Despicable Me) e Kyle Balda (Dr. Seuss The Lorax) serán o co-directores. Seica Chris Meledandri, Chris Renaud, Coffin e Balda deron cunha história que resolve o maior problema de todos: a estraña linguaxe na que falan os Minións.

A produción deberá agora encaixar-se dentro do calendário de tal xeito que o filme dos Minións apareza en 2014, un ano despois da estrea de Despicable Me 2 que ten previsto estrear-se en xullo do ano que ven.