Será de verdade O Hobbit unha triloxía?

1
351

Uns poucos días antes de que se inicia-se a pasada Comic Con chegaran rumores segundo os cales Peter Jackson estaba a sopesar seriamente a posibilidade de converter os seus dous filmes d’O Hobbit nunha triloxía. Os estudos negaron axiña os rumores, indicando que os seus plans son estrear a primeira película este nadal e a segunda en 2013, pero seica o bulebule non se apagou.

Así, Jackson continuou mencionando a posibilidade no decurso da convención en San Diego e esta mesma semana a Warner Brothers, Jackson, Fran Walsh e Philippa Boyens estiveron a explorar a loxística de como sería e canto custaría facer outra película.

Polo que se di, as conversas “aceleráron-se” até o punto de que os estudos xa están de acordo coa ideia, sempre e cando se poida chegar a bós termos legais e financeiros. Unha fonte interna dixo que “se o imos facer, temos que tomar unha decisión. Está fortemente influída polo desexo dos realizadores de contar mais desta história“.

O movemento en todo caso non é unha grande sorpresa. Incorporando non só o libro d’O Hobbit senón os vários extensos apéndices publicados após d’O Señor dos Anéis, o director podería non só expandir a história de xeitos considerábeis senón mesmo facer que conta-la en tan só dous filmes sexa imposíbel.

O rodar novas escenas para o filme do ano que ven sempre foi unha posibilidade contemplada pola equipa, pero unha terceira longametraxe esixiría dous ou tres meses mais de traballo e desprazar-se novamente a Nova Celándia, o que sinifica axustar os calendários e renovar os contratos de todo o mundo, incluindo actores e técnicos.

En todo caso, está claro que por unha módica cantidade adicional os estudos poderían ter unha longametraxe enteira, que xa está parcialmente rodada nestes intres, e o público podería recebir millor tres películas de duración normal no lugar de dúas que poderían estoupar se non teñen o éxito agardado. Haberá que traballar no guión para adapta-lo, pero a estas alturas é difícil que Walsh e Boyens non teñan xa unha ideia clara sobre como face-lo.

ACTUALIZACIÓN: Peter Jackson confirmou que O Hobbit será unha triloxía oficialmente. Mais info nestoutra nova.

1 comentário

Comments are closed.