O director de Casino Royale, Martin Campbell, ven de chegar a un acordo coa Georgeville Television para facer unha nova versión da clásica série de culto inglesa dos anos 70 Blake’s 7, unha saga de ciéncia-ficción orixinal de Terry Nation.
A popular space-opera, que durou catro tempadas nas pantallas, ía sobre un disidente político e mais un grupo de prisioneiros fuxidos nunha nave espacial alieníxena que viaxaban pola galáxia tentando loitar e vencer á totalitária Federación Terrestre.
Ainda que carecía de grandes efectos especiais e o seu orzamento era mais ben pobre, a série fíxo-se famosa pola súa moralidade ambígua, polos persoaxes moi complexos e polo seu tón pesimista nunha época na que os outros programas de ciéncia-ficción (coma Star Trek, Buck Rogers ou a antiga Battlestar Galactica) eran todos optimistas e relativamente simples no seu plantexamento.
Joe Pokaski (Heroes, CSI) escribirá o guión deste relanzamento, que Campbell dirixirá, para logo tentar vender a ideia ás canles de televisión americanas.