Rhys Meyers é Drácula nunha nova série

0
183

O actor Jonathan Rhys Meyers (The Tudors, Match Point) interpretará ao Conde Drácula nunha nova minisérie de dez episódios para a canle de televisión americana NBC que ven de ser programada.

A NBC e mais a canle inglesa Sky Living coproducirán a devandita série, ambientada no Londres de 1890 e baseada no argumento da película de Francis Ford Coppola de 1992. Nela, un Drácula recén chegado fai-se pasar por un empresário americano que afirma que quere traer a ciéncia moderna á sociedade vitorián.

Pero en realidade, o que quere é tomar-se vinganza contra a xente que arruinou a súa vida hai séculos; nombergantes, na capital de Inglaterra namorará-se dunha muller que semella ser a reencarnación da súa esposa morta.

Tony Krantz, Colin Callender, Gareth Neame e Anne Mensah serán os produtores executivos. O proxecto é a terceira decisión que a NBC toma nos últimos meses de facer unha série directamente (sen pasar polo episódio piloto) após da precuela da saga de Lecter Hannibal e mais o drama de piratas Crossbones.