Preparan a versión longa de Bad Toys II

0
171

A Sony Pictures e mais a Happy Madison van desenvolver unha longametraxe que adaptará ao cinema a curta francesa Bad Toys II, dirixida por Daniel Brunet e Nicolas Douste e protagonizada por Richard Darbois, Philippe Peythieu e Thierry Ragueneau.

A curta, que é unha homenaxe aos filmes de Michael Bay e contou cun orzamento de tan só 1.000 euros, é unha combinación de animación xerada por computador, panéis de cómic e acción real, cun argumento que vai sobre unha carreira de coches con moitísima acción, pero con coches de xoguete.

A longametraxe centrará-se nun home adulto que reconecta coa súa imaxinación de neno a través dos xoguetes do seu fillo, creando asemade unha homenaxe ás películas de acción de alto orzamento.

Adam Sandler e Jack Giarraputo serán os produtores.