Doug Liman rodará “Agora e Sempre”

0
178

O responsábel de The Bourne Identity e Jumper, Doug Liman, será o encargado de dirixir e producir para a Lionsgate unha versión para a pantalla grande da novela ilustrada de 1970 Time and Again, orixinal de Jack Finney.

O relato é unha história romántica con viaxes no tempo que vai sobre un ilustrador de Manhattan que se apunta a un experimento secreto do governo e é transportado dende a súa época (mediados do século XX) até o ano 1882. Alí namóra-se dunha rapaza e é obrigado a elixir entre vivir a súa vida no presente ou no pasado.

Finney tamén foi o autor do guión do clásico da ciéncia-ficción The Body Snatchers (1955), a novela na que se basearon os dous non menos clásicos filmes Invasion of the Body Snatchers de 1956 e 1978. Pouco antes de morrer en 1995 publicou From Time to Time, unha continuación de Time and Again que foi ben acollida polo público.

Liman é polo de agora o último en chegar a este proxecto, porque a Universal xa intentara facer unha adaptación nos anos 90 que ía dirixir Robert Redford e ademáis houbo un proxecto de mini-série para a televisión que estaba a desenvolver Tom Thayer, pero ningún dos dous intentos saiu adiante.