A fada dos dentes

0
212

Ashley JuddAshley Judd protagonizará xunto a Dwayne Johnson a comédia fantástica da 20th Century Fox Tooth Fairy, cuxa rodaxe escomezará en Vancouver, Canadá, en outubro, baixo a dirección de Michael Lembeck.

Jason Blum, da Blumhouse, producirá o filme cos parceiros da Mayhem Pictures Gordon Gray e Mark Ciardi.

Johnson (O Rei Escorpión) interpretará a un xogador dunha liga menor de hockey alcumado A Fada dos Dentes. Judd fará o papel da súa moza, nai solteira con dous fillos.

O filme conta cun guión de Lowell Ganz, Babaloo Mandel, Joshua Sternin e Jeffrey Ventimilia.