Scott Steindorff (The Lincoln Lawyer) e mais a súa compañía de produción, a Scott Pictures, fixéron-se cos dereitos para levar ao cinema Origin, a vindeira novela para adolescentes de Jessica Khoury.
A história vai sobre Pia, unha rapaza creada para ser inmortal por un científico nalgún lugar da selva do Amazonas. No seu 17° aniversário, fuxe do seu confinamento, atopa un rapaz da aldea próxima e xuntos marchan nunha aventura para tentar atopar a verdade sobre a súa orixe.
Steindorff e Dylan Russell producirán esta adaptación.