A canle The CW, orientada principalmente para o público novo, semella estar disposta a producir unha série de televisión que sería un remake da clásica longametraxe de culto xaponesa do ano 2000 Battle Royale (Batoru Rowaiaru, no orixinal), pero esta vez lóxicamente en língua inglesa.
De se chegar a un acordo, a canle faría-se cos dereitos sobre a novela orixinal de Koushun Takami e logo estendería o seu argumento para poder facer unha série con episódios dunha hora de duración. O principal problema semella ser polo de agora a aprobación de Takami, que debe dar o seu visto bó para que calquera acordo sexa legal.
O recente éxito literário e cinematográfico de The Hunger Games debuxou evidentes paralelismos coa novela orixinal Batoru Rowaiaru, que tamén está ambientada nun estado totalitário onde unha clase de 42 estudantes de noveno grao son obrigados a matar-se os uns aos outros até que só fique ún, nunha batalla pola supervivéncia.
Á parte do pláxio de The Hunger Games, Battle Royale contou con várias adaptacións prévias: en 2000 fíxo-se unha película co mesmo título dirixida por Kinji Fukasaku e con guión de seu fillo Kenta. En 2003 houbo unha secuela, titulada Battle Royale II: Requiem.
Ademáis existen várias adaptacións ao manga: o primeiro contou con guión do mesmo Takami e debuxos de Masayuki Taguchi e apareceu de 2002 a 2006. O segundo manga foi Battle Royale II: Blitz Royale, de 2003, e o terceiro e polo de agora último é Battle Royale: Angels’ Border (2011).
The CW estaba tamén a desenvolver outra série distoṕica para adolescentes cun argumento semellante titulada The Selection, un proxecto que contou cun episódio piloto pero que non pasou daí.