O realizador británico Ben Wheatley (Kill List, Sightseers) vai pechar axiña un acordo para dirixir a fita de terror Freakshift para a Lava Bear, a Rook Films e mais a Film4.
A história vai sobre un mundo onde unhas creaturas misteriosas espertan pola noite e aterrorizan aos cidadáns, obrigando a un grupo patrocinado polo governo a atopar cazadores, que aceptan traballar por “obriga, por deporte e polos cartos“.
Wheatley dixo que o orzamento do filme será duns 15 millóns de dólares e que a longametraxe será unha espécie de “Canzón Triste de Hill Street” contra os monstros. A rodaxe escomezará a primeiros de 2013.